ConcellosÚltima horaViana do Bolo

As brigadas da Deputación seguen a traballar en Viana do Bolo e despexan as comunicacións na Bouza, Pradocabalos e Pixeiros

 

As brigadas de Vías e Obras da Deputación de Ourense seguen a traballar nas localidades da Bouza, Pradocabalos e Pixeiros, no municipio de Viana do Bolo, para restablecer as comunicacións por estrada e colaborar na retirada de toneladas de terra, pedras e árbores arrastradas pola auga logo das tormentas rexistradas está semana.

A maquinaria da Deputación está a centrar os traballos en dous puntos. Na OU-0903 (Viana do Bolo-límite coa provincia de Zamora), no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 9+000 e 14+000. Logo dos intensos labores realizados nestes días, as brigadas conseguiron limpiar este tramo, que xa está abierto ao tráfico, aínda que se recomenda circular con moita precaución, tal e como informa a Deputación de Ourense.

 

 

A segunda zona de traballos sitúase na OU-0904, entre Seoane e A Bouza. Neste caso e dada a gran cantidade de materiais arrastrados pola auga e os danos ocasionados, a estrada provincial permanece pechada ao tráfico, xa que se considera que a circulación non é segura.

 

 

Desde a Área de Infraestruturas da Deputación sinálase que a circulación neste tramo queda reservado á maquinaria que permanece na zona, así como tamén para os vehículos de emerxencia no caso de ser necesario. Así as cousas, os accesos aos núcleos de Pixeiros, A Bouza e Padrocabalos están xa abertos.

 

 

“As brigadas da Deputación de Ourense seguirán a traballar nas zonas afectadas para contribuír a restablecer a normalidade nestes núcleos e as necesidades que poidan atender”, tal e como asegurou o presidente provincial Luis Menor, tras visitar os lugares arrasados pola riada.

 

Back to top button