Unhas 25 persoas desfrutaban na tardiña do 20 de xuño dunha nova proposta que harmonizaba a música de Alfonso Medela Trío coa cultura do viño e a enogastronomía, na Rúa. Así a partir das 20h. esta formación ourensá (integrada por Luis Vivas, Loren Tabarés e Alfonso Medela) actuaba na Adega Joaquín Rebolledo e, despois, no xardín da adega tiña lugar unha degustacións dos seus diversos viños, que acompañaban unha cea.

A iniciativa estaba promovida, un ano máis, pola adega e pola Fundación Vicente Risco.
Fotos: Carlos G. Hervella.



