CulturaCulturaÚltima hora

“Airiños” honra a Otero Pedrayo no 50 aniversario do seu pasamento en Santa Coloma de Gramenet

 

O Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia de Sta. Coloma de Gramenet, Barcelona  honra a Otero Pedrayo no 50 aniversario do seu pasamento. No acto participaron:
José Eduardo López Pereira catedrático da USC e presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Mª José Bravo Bosch catedrática da UVIGO e directora do documental “Otero Pedrayo: Dereito á Paisaxe”
Exposición de caricaturas de Otero Pedrayo polo lapis de Siro.

Un acto moi emotivo no que máis de 80 persoas tiveron a oportunidade de achegarse a vida e obra de Otero Pedrayo impartida polo Presidente da Fundación e a proxección do documental presentado pola súa directora.

Os asistentes fixeron intervencións de agradecemento polo acto.

En Airiños sentimonos moi satisfeitos pola ampla participación e agradecemos o enorme esforzo que fixeron Mª José e J. Eduardo para achegarnos de primera man a vida e obra de Ramón Otero Pedrayo.

Grazas a Fundación Otero Pedrayo polo soporte e colaboración.
Grazas tamén a Aura Seguros pola acollida nas súas instalacións.
Moitas Grazas a todas e todos por participar”.

Texto e fotos: Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia de Sta. Coloma de Gramenet, Barcelona.

 

Back to top button