
Título valdeorrés no Campionato de Europa de Maratón Máster, que se desenvolvía nesta semana en Pitesti (Romanía). Así, o piragüista Jesús Rodríguez León, do Club Fluvial Barco, que competía en K-2 xunto a Santiago Cruz na categoría de 45 a 54 anos, facíase co ouro nesta competición internacional, cun rexistro de 01:27:53.90.
A prata nesta mesma proba era tamén para outro K-2 español, o de Alberto Lumbresas e Javier Madrid.

