Na mañá deste domingo 28 de xuño os participantes no V Campamento Infantil de Espeleoloxía Águilas Verdes, que se desenvolve en Covas (Rubiá), recibían a visita dun membro do Grupo de Rescate Especial de Intervención en Montaña da Garda Civil con base na Pobra de Trives.



Xunto ao refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía en Covas, base de operacións do campamento, facíalles unha demostración na que os cativos descubrían que é o GREIM e cales son as súas funcións, así como o diverso material que utilizan á hora de desenvolver as súas diferentes intervencións en caso de accidentes e rescates, dende os de alta montaña ata os do interior dunha cova.


Tras dous días de intensa actividade, dentro e fóra das covas, o campamento ao que asisten unha vintena de cativos remata esta tarde tras o xantar coas familias.


Fotos: Carlos G. Hervella.

