CarballedaConcellosÚltima hora

3ª Cea Popular das festas de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras)

 

Coa chegada do verán proliferan as festas, con varias nesta última fin de semana do mes de xuño. Unha delas é a que celebran en Viladequinta, no Concello de Carballeda de Valdeorras que na noite do sábado día 27 acollía a 3ª edición da Cea Popular, reunindo a veciños e visitantes en torno á mesa. O baile corría a cargo da Discomóbil A Boa Festa.

Hoxe era a quenda do apartado relixioso, con misa e procesión na honra a San Pedro, e musical con pasarrúas e sesión vermú a cargo da charanga Os Templarios.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button