En portadaÚltima hora

A Feira da Carne de Montederramo supera a tres décadas reunindo a unhas 1.500 persoas no xantar

 

O 12 de outubro, festividade da Virxe do Pilar e Día da Hispanidade, é unha xornada especial en Montederramo que celebra por todo o alto a súa Feira da Carne coa Exposición de Gando Vacún e un multitudinario xantar que neste luns reunía a unas 1.500 persoas na praza do Concello para dar boa conta do menú, servido pola empresa valdeorresa Mantesil.

 

 

En empanada, ao caldeiro e richada, son as tres formas nas que os asistentes á festa gastronómica puderon degustar este produto típico da zona de montaña da provincia de Ourense na carpa, aínda que tamén houbo xente que xantou en diferentes establecementos da  vila. No menú tampouco faltou a  bica de postre, nin o café e por suposto o viño. A música, un ano máis corría a cargo de dúas charangas trivesas, unha tocando pola mañá e outra pola tarde.

 

 

E entre os asistentes ao xantar, acompañando ao alcalde de Montederramo Óscar Diéguez, estaban coma sempre alcaldes da contorna ademais do delegado da Xunta en Ourense Javier Pardo e do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, entre outras autoridades, veciños da contorna e doutras comarcas como Viana do Bolo.

 

 

Fotos: O SIL.

Máis información e fotos:

A VII exposición de gando vacún de Montederramo reúne a unhas 250 cabezas de 45 ganderías

 

Back to top button