A XXXI Feira da Carne que se celebraba na xornada deste luns 12 de outubro en Montederramo volvía bater récord de asistencia.

O xantar popular, reunía a unhas 1.500 persoas e a exposición de gando vacún organizada pola Asociación de Gandeiros de Montederramo en colaboración co Concello, a unhas 250 cabeza de 45 ganderías. A maioría vacas, especialmente de Montederramo e de razas Caldelá e Vianesa, pero tamén había algún cabalo e exposición de maquinaria agrícola.

Un ano máis o bo tempo acompañaba á xornada contribuíndo ao exito de asistencia desta mostra que vén de cumprir VIII edicións.

Fotos: O SIL.