
Os atletas do Club Adas Cupa do Barco seguen sumando metais. Desta volta era no Campionato galego Sub20 e Sub23 que se celebraba o 27 de xuño nas pistas do Complexo Lúdico Deportivo de Pereiro de Aguiar. Alí o valdeorrés Pablo García Arias convertíase en campión galego na proba dos 110 valos (1,00), cunha marca de 14.86 (MMT).
Nesta cita tamén competía en altura a súa compañeira de club Aldara Basteiro, que lograba unha sexta posición en altura, cun rexistro de 1.45

