DeportesÚltima hora

O campamento O BarcoVerán bate récord de participación con máis de 310 nenos nos dous meses que durará

 

Esperado, e tanto. Superando expectativas e batendo un récord de participación, arrincaba o 1 de xullo a II edición do campamento O BarcoVerán que organiza o CD Barco, contando con máis de 310 nenos nos dous meses que durará.

 

 

“É unha pasada”, asegura o presidente do club, Nilo Ramos, indicando que para este mes xa teñen o cupo cuberto pero para agosto aínda teñen algunha praza “e seguen apuntándose nenos”.

 

 

Organizado coa colaboración de Ocio y Deporte Valdeorras O BarcoVerán é un completo modelo de campamento multideportivo e de ocio para os meses de verán, que se desenvolve en diferentes instalacións deportivas e de ocio de Viloira con saídas e actividades ao aire libre como rutas, días de piscina ou río,…

 

 

O horario éde 10 a 14 horas e inclúe actividades temáticas, talleres e material (castelos inchábeis e deportivos), tiro con arco, karts, paintball, actividades de auga, scape room, rocódromo, veladas e festas temáticas,… Un sinfín de propostas que fan deste un dos campamentos máis esperados.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button