
O Concello de Quiroga vén de dar a coñecer neste 3 de xullo a programación do seu “Verán Cultural 2026”, que precisamente se estreaba neste venres cunha charla sobre o eclipse solar do vindeiro mes de agosto. O programa inclúe multitude de propostas para todas as idades, dende eventos deportivos (de fútbol sala, voleibol, fútbol ou sendeirismo) ata obradoiros como o de desinformación do Colexio de Xornalistas de Galicia, pasando por actuacións musicais, mostras de pintura ata un campus de robótica.
O programa tamén inclúe as Festas do Verán de Quiroga, na que se contará coa orquestra Panorama, e iniciativas como a Mostra do Mel ou o Qui-Roma.

