
Un ano máis o Concello de Parada de Sil impulsa a celebración de San Bieito, abade patrón de Europa, festividade que se celebra no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, o centro neurálxico dos visitantes neste municipio o domingo 12 de xullo.
A romaría terá lugar ás 13 horas cunha misa cantada polla coral Aqua Música, a que o concello agradece o eu dispor para este evento todos os anos. Antes da misa terán lugar a procesión co santo ao redor do mosteiro acompañada polos gaiteiros Castrodeallo que ao remate da celebración relixiosa amenizarán uhna sesión vermú no mesmo lugar.

O alcalde Aquilino Domínguez anima a visitantes e veciñanza a participar neste acto e a achegarse ata o Camping Canón do Sil, no que se celebrará unha festa de tardeo a partires das 18 horas, ademais de poder degustar un menú con empanada, costela ao forno, cóbado ao forno e uns mexilóns a vinagreta acompañados de viño da Ribeira Sacra.
“Seguramente San Bieito fará a intermediación necesaria para que na votación de Corea este mes de xullo a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial da Humanidade”, agardan dende o Concello de Parada de Sil.
