
A Confederación Hidrográfica do Miñou-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico inició traballos de conservación e mellora do ríou do Pozo Grande, ao seu paso polo municipio ourensán de Xunqueira de Ambía. “Actuarase en máis de 5 km desta canle, afluente do Limia, co obxectivo de minorar os riscos de inundacións en momentos de intenso caudal”, explicaba José Antonio Quiroga, presidente da confederación.
Trátase de actuacións programadas co obxectivo de conservar e restaurar a hidromorfoloxía natural das canles para mellorar a súa resiliencia e adaptación ao cambio climático; consistentes na retirada de árbores, troncos e ramas tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que provocaban numerosos taponamentos; así mesmo se procederá á talla, torado, amontoado e retirada de múltiples árboles secos caídos ou en pé presentes nos tramos de actuación.
“Realizaranse, tamén, actuacións de restauración hidrolóxico-forestal para o control da erosión e a protección de márxes en zonas concretas, a través de solucións baseadas en técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles”, lembraba o presidente.
A utilización de técnicas e medios mecánicos (tráctel / tractor) limítase a zonas fóra da canle, nunca desde o interior do mesmo, por outra banda, no caso de cortas de amieiros aplicarasen as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.
“As actuacións previstas contribúen a mellorar e restaurar o bosque autóctono de ribeira para recuperar a morfología fluvial natural do riu, modificada, na mayoría de os casos, por barreiras artificiais”, concluíu Quiroga
Investimento
O investimento estimado é de 123.000€, cofinanciados polo fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha aportación do do 60% do orzado; no marco do
Programa Operativo 2021-2027
Estes traballos enmárcanse no Obxectivo Específico 2.4, que pretende “Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas”, que están suxeitas ao cumprimento da Condición Favorecedora 2.4 “Marco eficaz de gestión do risco de catástrofes “de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.
