
Con motivo das fortes tormentas sufridas a mediados de xuño no municipio de Viana do Bolo, en Cáritas Diocesana de Astorga abríase unha emerxencia para axudar ás familias afectadas, especialmente nas localidades da Bouza, Pradocabalos e Pixeiros.
“Nestas poboacións moitas familias sufriron as consecuencias do lodo e arrastres, que a algunhas as deixounas incomunicadas por algúns días, ademais de destruír servizos básicos das súas vivendas. Durante este tempo recibimos varias doazóns económicas, cuxa suma total é de 1.105 euros. Este diñeiro destinarémolo a cubrir bens de primeira necesidade nas poboacións sinaladas”, tal e como explican dende Cáritas Diocesana de Astorga, que ademais, agradece as achegas “das persoas que contribuíron coas súas doazóns para que poidamos paliar a situación. E con esta acción damos por pechada esta emerxencia”.
