OurenseÚltima hora

Alerta amarela por tormentas e choiva en Valdeorras e na montaña de Ourense neste 10 de xullo

Fonte: Aemet. Alertas do 10 de xullo.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de lanzar un aviso de nivel amarelo por tormentas e chuvias nas zonas de Valdeorras, montaña de Ourense e Miño de Ourense, ademais de no sur da provincia de Lugo. Activarase a partir do mediodía deste 10 de xullo e prolongarase ata as 00h. do 11 de xullo. Estímase unha probabilidade de entre 40%-70% e, no caso das choivas, poderían xerar unha precipiación acumulada de 15 mm nunha hora.

No relativo ás tormentas, a Aemet apunta que poderían ir acompañadas de refachos moi fortes, sen descartar a pedra.

Back to top button