ConcellosRibas de SilÚltima hora

Segue activo o incendio de Soutordei (Ribas de Sil), con 100 hectáreas queimadas

 

Imaxe: AtBrif.

 

Permanece activo, desde as 18.22 horas de onte sábado, o incendio do concello de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, que segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta a unha superficie de arredor de 100 hectáreas.

Neste lume, que “arestora rexistra unha evolución favorable”, foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que xa quedou desactivada esta madrugada. Para a extinción deste incendio mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 2 técnicos, 19 axentes, 26 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia.

Back to top button