CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

“Orixe” a nova campaña de socios do Centro de Deportes Barco

Na fin de semana do 5 e 6 de setembro o primeiro equipo do CD Barco comezará unha nova e ilusionante tempada en 3ª Federación para a cal esperan contar, coma sempre, co apoio da afección.

 

 

Por iso, coa idea de manter aos que xa teñen e incorporar novo, lanzan unha bonita e emotiva campaña de socios. Baixo o nome de “orixe, dende 1921 latexando no corazón de Valdeorras”, en tons sepia cos que lembran os 105 anos de historia e mantendo o guiño aos viños valdeorreses, lembran os prezos dos carnés:

Platinum…………… 200 euros
Familiar…………….. 150 euros
Tribuna…………….. 130 euros
Socio normal…….. 100 euros
Estudante…………… 50 euros

Os lugares de recollida son: Peluquería Nilo; Churrería La general; Bar Plazita; A Horta de Fina e Mar; e Bar Makoki. Os socios que o recollan antes do 20 de agosto terán un desconto especial de 10 euros.

Back to top button