ConcellosRibas de SilÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Soutordei (Ribas de Sil)

Imaxe: AtBrif.

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, quedaba controlado ás 19.47 horas deste 14 de xullo. O lume iniciábase o pasado sábado, día 11, ás 18.22 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 180 hectáreas.

Neste incendio foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo. Para a extinción deste lume mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 8 técnicos, 42 axentes, 61 brigadas, 45 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 8 avións.

Back to top button