
A Unidade de Cabalería de Policía Nacional xa presta servizo de prevención de incendios no marco establecido pola Xefatura Superior de Policía de Galicia, como un reforzo extraordinario, realizando diferentes de prevención, vixilancia e evitar así posibles incendios forestais, durante os meses de xullo e agosto fundamentalmente.
Os axentes realizan un dispositivo de prevención dinámico, en función das distintas necesidades e riscos determinados polas autoridades competentes e co obxectivo de detectar posibles incendios, pero tamén exercendo unha presenza policial en áreas polas que transcorren peregrinos que realizan o Camiño de Santiago, sumándose así a labores preventivos de seguridade cidadá igualmente.
Con este servizo os axentes da Policía Nacional acceden dacabalo a lugares de difícil acceso e que por outros medios motorizados non sería posible.
