
O Concello de Ourense instalará duas pantallas xigantes na praza Maior e no Paseo Ribeira de Canedo, xunto a Ponte Romana, para que o público ourensán poida seguir a retransmisión en directo do partido da final da Copa do Mundo de fútbol, que disputará o vindeiro domingo, 19 de xullo, á selección española contra a arxentina, desde as 21h.
Se España gaña, a celebración será na praza de Concepción Arenal.
