
No adro do Santuario de Nosa Sra. das Ermidas, no concello do Bolo, ultímanse os detalles para o esperado concerto que Luar na Lubre dará esta tarde.
Trátase dunha actuación impulsada por Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, enmarcada na xira do 40 aniversario dun dos grupos de folk máis emblemáticos en Europa. A xira ‘LUBRE- 40 aniversario’ será unha das máis importantes e simbólicas da súa longa, que ratifica á banda galega como unha das formacións de folk máis importantes da historia e un referente mundial. Esta unha xira nacional e internacional levará á formación galega polos escenarios máis emblemáticos da súa carreira.
O concerto, no que farán un repaso polo seu repertorio baseado fundamentalmente as músicas de raíz, desde o respecto, pero con perspectiva de modernidade, será ás 20 horas.

Fotos: Carlos G. Hervella.
