
Arredor das 13:45 horas deste xoves 16 de xullo producíase un accidente de tráfico en Larouco no que se vían implicados dous vehículos, un turismo e unha moto.
Tal como indican os servizos de emerxencia, ao xove motorista “foiselle a moto de atrás e impactou contra o coche”, sen grandes desperfectos. “Á moto dobrouselle o manillar e o coche rozou a porta e a llanta pero nin velocidade nin, drogas nin alcol”, aseguran.
Ata o lugar dos feitos acudía a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Larouco e unha ambulancia do 061.

Fotos cedidas.
