CulturaCulturaÚltima hora

Sofá Malva de la Sala Rosa estrea a súa nova obra, “Tarascones”, en Viana o 26 de xullo

 

Cunha nova proposta, marcada pola crítica social, pero en clave de humor reencóntrase co público a compañía vianesa Sofá Malva de la Sala Rosa. Así o vindeiro 26 de xullo ás 20:30h. estreará a súa nova función no escenario da Casa da Cultura da vila.

Trátase de “Tarascones”, unha obra de Gonzalo de María que aborda a histoira de catro amigas da alta sociedade, ás que só une o status, “actúan con desprezo e superioridade ante os demais, solapando os seus vicios e defectos baixo un manto de superficialidade e sentimento de clase. Finalmente saen a relucir os segredos e trapos sucios de todas e cada unha delas, deixando ao espido unha sorte de miseria descarnada que as envolve dun modo ou outro”, adiantan dende esta compañía vianesa.

A obra está dirixida por Jorge Cuquejo e o seu elenco está formado polas actrices Minda Vidueiras, Paula Costa, Sheila Murias e Ángela Palacios.

Imaxe cedida.

Back to top button