Cunha animada actuación, como eles saben facer, participaba El Patio de Leni nas Festas de Santa Mariña de Pena Folenche (A Pobra de Trives) o sábado 18 de xullo, no marco duns festexos que contaban tamén coa orquestra Dinastía, Dj Álex Prieto, a banda de gaitas Os Trinta e as Macizas Centrais.

Esta era unha das moitas actuacións das que formarán parte bandas e músicos asociados a AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras), neste verán. Nerea Jiménez actuaba dous días antes nos “Solpores de verán na Cova da Xabreira”, en Seadur (Larouco); e a finais de mes, The Black Wings, Fendetestas e Kz-Angels acturán no festival Oule-Go! en Oulego (Rubiá), xunto a outras banda.
No mes de agosto, Navegando a Barlovento formará parte da III edición do festival O Son da Estación, na Rúa; e en setembro The Black Wings serán teloneiros de Xoel López nas Festas do Cristo do Barco de Valdeorras.


Fotos cedidas.