
A Quiroga Bike Marathon 2026 continúa avanzando cara a unha nova edición e afronta unha data importante no seu calendario de inscricións. As persoas que queiran participar poderán conseguir o seu dorsal ao prezo actual ata o próximo 30 de xullo, antes do cambio de tarifa previsto para o día 31.
A menos de dous meses para a celebración da proba, a organización anima aos afeccionados ao MTB que teñan previsto estar en Quiroga a non deixar a súa inscrición para última hora e aproveitar os últimos días da tarifa vixente.
A cita terá lugar o próximo 19 de setembro e volverá percorrer algúns dos carreiros e paisaxes máis salientables da contorna do Xeoparque Montañas do Courel, consolidándose como unha das probas de referencia do ciclismo de montaña no sur da provincia de Lugo.

A edición de 2026 contará novamente con dúas distancias adaptadas a diferentes niveis de preparación e experiencia:
• Bike Marathon: 45 quilómetros e 1.300 metros de desnivel positivo.
• Bike Extreme: 65 quilómetros e 2.300 metros de desnivel positivo.
Ambos os percorridos atravesarán algúns dos lugares máis representativos do Concello de Quiroga e incluirán tramos técnicos, descensos e zonas rápidas para ofrecer unha experiencia completa de mountain bike.
A proba poderá disputarse tanto de forma individual como por parellas e non será necesario dispoñer de licenza federativa para participar. Ademais, a inscrición inclúe diferentes servizos, como bolsa do corredor, seguro deportivo e cronometraxe con chip.
O 30 de xullo será o último día para inscribirse ao prezo actual. A partir do 31 de xullo aplicarase a nova tarifa, polo que quen teña claro que queren formar parte da proba aínda están a tempo de asegurar o seu dorsal nas condicións vixentes. As inscricións están dispoñibles na páxina web oficial.
