OurenseÚltima hora

Trasladada unha persoa por inhalación de fume logo dun incendio nunha cociña en Barbadás

 

Na madrugada deste xoves 23 de xullo unha persoa tiña que ser trasladada por inhalación de fume logo dun incendio nunha cociña en Barbadás. Tal como indican dende o 112 Galicia o suceso tiña lugar nunha vivenda situada no Camiño da Pista a San Benito, en Piñor sobre as 3:15 horas. “As lapas queimaron unha cociña por completo e deixaron unha persoa trasladada por inhalación de fume ao CHUO”, puntualizan.

Un dos ocupantes da vivenda explicaba ao 112 que “saía moito fume, pero non podía confirmar o que ardía”. Na planta superior da vivenda quedaba unha persoa que incapaz de saír polos seus propios medios, polo que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias actibaban un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e os Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas. Tamén se informou ao GES do Pereiro de Aguiar.

“Á súa chegada, os bombeiros sacaron á persoa da vivenda e solicitaron asistencia sanitaria para ela por inhalación de fume, sendo evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, conclúen.

Back to top button