CulturaCulturaÚltima hora

Rutas teatralizadas por Petín, Vilamartín de Valdeorras e O Castro (O Barco), da man de Platea Lúa

 

Platea Lúa é unha asociación cultural con sede en Ourense especializada en visitas teatralizadas así como na dinamización do patrimonio histórico con toques de humor. Na comarca de Valdeorras xa teñen actuado en varias ocasións, destacando as recreacións sobre o castelo medieval do Bolo e dos Reis Magos de Oriente no Santuario das Ermidas, tamén no castelo do Bolo.

Agora, dentro dun proxecto da Axencia de Turismo de Galicia volven á comarca cunha nova proposta, tres visitas teatralizadas a lugares emblemáticos doutros tantos concellos. A primeira, polas rúas de Petín, será o venres 7 de agosto ás 21:30 horas e xirará en torno á vila e a súa vinculación co Camiño e cos franceses. Trátase dunha actividade gratuíta con aforo limitado a 40 persoas.

A segunda, en Vilamartín de Valdeorras, será o venres 21 de agosto ás 21:30 horas; e a terceira, no Castro do Barco de Valdeorras, será o venres 11 de setembro tamén ás 21:30 horas.

 

Back to top button