DeportesÚltima hora

O martelista barquense Carlos Revuelta, quinto no Campionato de España absoluto ao aire libre

Revuelta dos atletas que adestra que lograban medallas no nacional absoluto./ Foto cedida.

 

O atleta valdeorrés Carlos Revuelta Parra acudía nesta fin de semana ao Campionato de España absoluto ao aire libre, que se está a disputar en Málaga. Realizaba o concurso de lanzamento de martelo na mañá do sábado 25 de xullo, ao que chegaba coa mellor marca dos participantes e co obxectivo de quedar o máis cerca posible do podio. Esta era a décimo terceira ocasión consecutiva na que o barquense, que viste a camiseta da Sociedade Xinmástia de Pontevedra, se situaba entre os 12 finalistas da proba.

 

O martelista Carlos Revuelta durante o Campionato de España./ Cedida.

 

As condicións de vento dificultaban o desenvolvemento da proba, na que, finalmente, Carlos conseguía a quinta posición, cun mellor lanzamento de 58,24 metros. Nesta cita proclamábase campión de España por terceira vez, Kevin Arreaga; segundo era Alberto G. Moyano e terceiro, Pedro Martín. O ouro e o bronce eran lanzadores ás ordes de Carlos Revuelta, que suma así dúas novas preseas na súa faceta de adestrador.

Deste xeito, o martelista valdeorrés completa unha gran tempada, na que a este quinto posto, se suma o seu bronce no absoluto de inverno, ao seu ouro en categoría máster e á prata en máster por equipos.

Back to top button