
Arredor das 13:50 horas deste luns 27 de xullo producíase un accidente de tráfico na Rúa no que se vían implicados dous vehículos. Tal como indican dende o 112 Galicia, a colisión entre os dous coches producíase na rúa Progreso, cruce coa rúa Coruña, “resultado feridos os dous condutores, que estaban fóra dos vehículos e sendo atendido polos servizos sanitarios”.

Dende o Centro de Emerxencias pasaban aviso aos bombeiros do parque comarca, ao GES Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil da Rúa, ademais da ambulancia do 061.

Fotos cedidas.