OurenseÚltima hora

Alerta amarela por calor na montaña de Ourense e na zona de Valdeorras

 

Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, e no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, actualízanse para mañá martes, día 28, os niveis de alerta por episodio de calor segundo o indicado a continuación:

Zona de montaña de Ourense: nivel 1, amarelo.
Zona de Valdeorras: nivel 1, amarelo.

O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, están dispoñibles nesta ligazón.

Efectos sobre a saúde

A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas de saúde como mareo, cansazo, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor. A maioría das enfermidades asociadas á calor son consecuencia máis ou menos grave dun fallo no sistema de termorregulación.

A calor excesiva pode alterar as funcións vitais se o corpo humano non é capaz de compensar as súas variacións de temperatura. Unha temperatura moi elevada produce perda de líquidos e de electrólitos que son necesarios para o funcionamento normal dos distintos órganos. Ademais, os mecanismos de termorregulación poden verse descompensados nalgunhas persoas con determinadas enfermidades crónicas, sometidas a certos tratamentos médicos e con discapacidades que limitan a súa autonomía.

Back to top button