OurenseÚltima hora

Ferida unha persoa tras saírse da vía co seu coche en Carballeda de Avia

 

Na mañá deste xoves 30 de xullo os membros do GES de Ribadavia liberaban, tras retirar as portas do vehículo, a unha persoa que se saíra da vía e caía co seu coche por un desnivel en Carballeda de Avia.

Tal como explican dende o 112 Galicia, “minutos antes das 7 horas un particular informaba de que vía un coche accidentado nunha zona de difícil acceso á altura do quilómetro 2 da OU-0306. O vehículo quedou nun desnivel e o seu ocupante precisaba asistencia sanitaria e axuda para saír”.

Desde o 112 Galicia alertaban a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Carballiño e o GES de Ribadavia. Tras ser liberada, a persoa era evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios.

Back to top button