CulturaCulturaÚltima hora

Preparándose para observar a eclipse do 12 de agosto, no Barco

 

Comezan os preparativos para observar a eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto. No caso do Barco de Valdeorras, a programación divulgativa elaborada dende o Concello comezaba na tarde deste xoves 30 de xullo, na praia fluvial do Malecón.

Alí tiña lugar un obradoiro de elaboración de caixas estenopeicas ou negras para a visualización da eclipse, impartido polo recoñecido crítico, programador e produtor de cinema galego, Martin Pawley, da Agrupación Astronómica ÍO, que ademais se distingue como un activo divulgador científico no ámbito da astronomía. Acudían tanto nenos como adultos que, seguindo as indicacións de Martin, elaboraban as súas propias caixas ao tempo que descubrían segredos sobre o espectacular fenómeno astronómico.

 

 

O programa de hoxe continuará cara ás 20horas no mesmo espazo, da man do director do centro AstroTrevinca da Veiga, Óscar Blanco, que impartirá unha charla sobre “como desfrutar da eclipse con seguridade, na que os participantes descubrirán algunhas particularidades da eclipse e pautas para observala con seguridade.

E xa de noite, cara ás 22:30 horas, terá lugar unha nova intervención de Martin Pawley, desta volta na praza Maior, que fará un repaso polas eclipses no mundo da sétima arte.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Back to top button