EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A primeira vendima da tempada en Valdeorras, por primeira vez en xullo, coma sempre en Pedrazais (A Rúa)

 

Segue sen fallar e esta vez antes que nunca. Manichy mantén a súa vendima temperá, a primeira da comarca de Valdeorras, e na mañá deste venres día 31, por primeira vez no mes de xullo, recollía as uvas das súas parras de albillo en Pedrazais (A Rúa). Tal como el mesmo explica, trátase dunha variedade branca que madura moi cedo e da que ten parra dobre da que este ano recollía catro cestos.

“Algo máis que o ano pasado pero non dos mellores anos”, di o propio Manichi destacando o feito de facela antes de agosto. “Téñoa feito o 2 ou o 1, pero nos dezaseis anos que levo a cargo da parra, nunca tan pronto”, di, agradecendo a axuda coma sempre de Aranguela e nesta ocasión tamén de Jonathan.

Tendo en conta a súa vendima desta uva temperá, Manichy calcula que o inicio da vendima en Valdeorras podería ser cara o 10-12 de agosto, máis ou menos dúas semanas despois de facela él.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button