DeportesÚltima horaVídeos

Unha tripleta do Club de Petanca A Rúa, campioa o III torneo da festas de verán

Unha de Petín era subcampioa

 

Cunha gran xornada de encontro, xogo e tamén competición se disputaba o sábado 1 de agosto o III Torneo de Petanca das Festas de Verán da Rúa.

 

 

No campo do Aguillón, a caron do de fútbol, sucedíanse as partidas ao longo do día ata chegar á final. E aí, proclamábase campioa a tripleta do club rués formada por Manolo, Pedro e Patricio. Subcampioa era a tripleta do Club de Petanca Petín formada por Néstor, Frank e Regis. Os premios de consolación eran para O Barco (1º) e Petín (2º), aínda que todos os participantes levaban unha botella de viño de regalo.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Máis información e fotos:

O III Torneo de petanca das festas de verán da Rúa reúne a 16 tripletas no Aguillón

Back to top button