Entre festas, certames, festivais e mostras, a Coral Polifónica Candea está tendo un verán moi activo. A última actividade ata o momento era a organización da Mostra de Corais que tiña lugar na tarde do sábado 1 de agosto na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Un animado concerto no que compartían escenario coa Coral Auria Canta de Ourense e coa Coral Pobra de Brollón de Lugo. Ademais de cantar, as tres corais compartían unha cea de confraternidade.
A seguinte cita de Candea será o día 15 nas festas patronais de Viana do Bolo. O coro cantará a misa da Asunción e a banda fará a procesión seguida da sesión vermú na praza.

Fotos cedidas.