EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Rubiá únese ás rutas de viño e celebrará a primeira edición da súa o 15 de agosto

O 15 de agosto é un día especial no calendario, como festivo nacional e festa en numerosas poboacións ás que este ano se suma Rubiá, na comarca de Valdeorras, que celebrará a súa I Ruta de Viños.

Organizado por veciños de Rubiá e o bar das piscinas, desenvolverase ao logo das rúas Carballal e Calabazal, onde instalarán postos con viño e comida. Ademais de petiscos variados tamén haberá paella e música ambiente, rematando cunha gran festa nas piscinas xa ao ritmo de dj’s.

 

 

Nun ambiente cálido de verán, a ruta comezará a partir das 20:30 horas e o custe da entrada é de 15 euros anticipada e 18 en taquilla. Os puntos de venda son Librería Teresita, Tenda Trastos e Bar Piscinas (en Rubiá) e tamén no Bar Dulce y Salado (no Barco de Valdeorras).

Unha nova excusa para achegarse ata Rubiá e desfrutar de “bo viño, boa compañía e boa música”.

Back to top button