CulturaMúsicaÚltima hora

AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras) premia ao socio número 100

 

AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras) vén de emitir o carné n° 100 e para celebralo premian ao afortunado cun vale de 30€ para gastar en Ton y Son.

“Está sendo un ano exitoso unha vez máis, tanto en socios como en actividades”, din dende a asociación, destacando que notan que “os máis xoves están sendo atraídos pola música (cada vez máis menores de idade)”. Por iso seguen apostando pola parte formativa, que ampliarán a partir de setembro, con máis cursos gratuítos e outros cunha pequena colaboración.

“Puxémonos a traballar coa parte burocrática para poder acceder a algunha subvención, o cal é un traballo enorme para nós, pero confiamos que valerá a pena”, din agardando que a xente siga confiando neles e desfrutando dos concertos das bandas que a forman “e que os socios sigan sacando o máximo partido a esta marabillosa asociación que vén de converterse en familia numerosa”, di o presidente, Ramón Teira, lembrando que os carnés levan foto e están plastificados. “Ademais con el fannos descontos en Ton y son”, destaca.

 

Back to top button