ConcellosOpiniónÚltima hora

Carta de familiares e residentes da Residencia “Nuestra Señora de Fátima” da Rúa para pedir cambios de cara a evitar as altas temperaturas

Exterior da Residencia “Nuestra Señora de Fátima” na Rúa.

 

Os residentes e familiares da Residencia “Nuestra Señora de Fátima” de A Rúa vémonos na obriga de facer este escrito dirixido á presidencia da Fundación San Rosendo ante o problema que as elevadas temperaturas que se veñen rexistrando lle causan aos nosos maiores e dependentes.

Somos coñecedores de que os residentes máis dependentes contan con salas refrixeradas para permanecer durante o día. Non así nas tórridas noites que estamos a sufrir, xa que nin en corredores, nin en habitacións hai ningún tipo de climatización.

Tampouco se poden beneficiar durante as visitas dos familiares, polo que nos vemos na tesitura de visitalos para proporcionarlles a necesaria compañía, ou non visitalos para que podan seguir nas salas de climatización e que as condicións da calor que se rexistran dentro do centro, non empeoren as súas doenzas.

A ningún de nós se nos pasaría pola cabeza ter a estas persoas máis desfavorecidas durante o inverno, cando o frío arrecia, sen calefacción.

Do mesmo xeito, non podemos ser insensibles ante as altas temperaturas que estaos a alcanzar. Cada vez as vagas de calor son máis frecuentes e con consecuencias que afectan seriamente á saúde desta persoas, as máis vulnerables.

Polo que lle rogamos se acometan os cambios necesarios para compensar a temperatura exterior, así como as deficiencias arquitectónicas que condicionan negativamente en maiores, traballadoras e traballadores, responsables do seu coidado e benestar, obxectivo prioritario da Fundación.

Somos conscientes de que acometer unha obra que consiga unha climatización total do edificio sería lento, pero todos sabemos que hai medidas intermedias, como a climatización de espazos comúns, que favorecerían a baixada de temperaturas nos dormitorios. En todo caso, está a opción de colocar climatizadores portátiles que permitan baixar os graos suficientes nas instalacións como para proporcionar a necesaria confortabilidade para o descanso dos residentes.

Este escrito que agora facemos público como carta ao director foi entregado por correo certificado á sede principal da Fundación en Ourense o 13 de xullo de 2026.

Asinado: Familiares e residentes da Residencia “Nuestra Señora de Fátima” de A Rúa.

Back to top button