CulturaCulturaÚltima hora

Drados (Chandrexa) acolle a cuarta edición do seu “Encontro de artes vivas no que habitamos espazos deshabitados”

Un dos momentos da anterior edición desta proposta en Drados (Chandrexa de Queixa)./ Cedida.

 

Chega a cuarta edición do “Habitar Drados”, unha cita que terá como epicentro esta aldea de Chandrexa de Queixa do 6 ao 9 de agosto. “Parecía un soño inalcanzable pero xa e unha realidade, este festival que se vai afianzando a pouquiños, creando unha comunidade, uns vínculos cos espazos e as persoas, cas historias que cada un quere contar; este ano amplía fechas e abre fronteiras”, din dende a organización.

Así, o seu programará principiará o día 6 no Mosteiro de Montederramo cunhas propostas que van facer latexar de vida as vellas pedras que gardan tantos relatos, con nomes como Brigitte Vasallo, Gutier Álvarez, Ana Gesto, Belén Yáñez, Paula Pintos e as súas maneiras de interpretar os espazos e os encontros.

Xa os días 7, 8 e 9 de agosto as actividades voltarán á aldea, Drado, cun programa ao que non lle falta de nada: cine, faladoiros, música, poesía, performances, narracións escénicas, accións colectivas, obradoiros de danza, exposicións…

Será unha proposta que devolverá a vida aos recunchos deshabitados de Drados que neses tres días vibrará como antano, cando os veciños facían festa os domingos e se reunían nos fiadeiros. “Porque este é máis ca un festival, e unha convivencia, é fortalecer vínculos, é rememorar, é un achegar a cultura a un rural ó que todo lle queda tan lonxe. Habitar Drados é ese xeito íntimo, sostible e necesario de habitar”, resaltan os seus promotores.

O programa

Back to top button