DeportesÚltima hora

Xornada de promoción do voleibol, o 22 de agosto no Barco

 

O vindeiro sábado día 22 de agosto, terá lugar no pavillón vello do Barco, unha actividade promocional do voleibol, totalmente de balde, organizada polo Club San Martiño de Voleibol e realizada en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello do Barco, e a Federación Galega desta disciplina deportiva.

A xornada estará dividida en dúas quendas de participación, cun límite máximo de 24 prazas por quenda:

– Primeira quenda: De 10:30 a 12:00 horas, de 6 a 11 anos.
– Segunda quenda: De 12:00 a 13:30 horas, a partir de 12 anos.

Toda a información detallada sobre o evento atópase dispoñible no cartel que se achega neste correo. A inscrición deberá realizarse escaneando o código QR incluido no propio cartel, que leva a este enlace: https://forms.gle/R1cde8gxV7keSSQ97

A asignación de prazas efectuarase por estrita orde de recepción das solicitudes.

Back to top button