ConcellosO BoloÚltima hora

Ponse en marcha o campamento de voluntariado Volobriga, no Bolo

Nel participaban 14 xoves e 4 monitores, que eran recibidos esta mañá polo alcalde bolés

 

Arranca o Campamento de Voluntariado Volobriga no Bolo. No mediodía deste 7 de agosto tiña lugar a recepción dos participantes por parte do alcalde, Miguel Ángel García. Son un total de 14 mozos e mozas voluntarios e 4 monitores. A maior parte destes xoves comentaban que escolleran o campamento do Bolo pola súa vinculación coa historia, tendo en conta que van recoller “todas as historias antiguas dos nosos pueblos para que non se perdan”, indicaba o rexedor.

Ademais os membros do campamento axudarán a montar a Feira Irmandiña, que se desenvolverá neste mes de agosto, e axudarán ese día en diferentes labores de axuda. Despois da recepción no Concello do Bolo, subían ata o Castelo para realizar unha visita guiada. subiron a facer a visita guiada do Castelo.

Fotos cedidas.

 

Back to top button