OurenseÚltima hora

Dúas persoas resultan feridas tras unha saída de vía en Piñor (Barbadás)

 

Dúas persoas eran trasladadas esta mañá ao Hospital Universitario de Ourense, despois de saírse un coche da vía en Piñor (Barbadás), segundo informa o 112 Galicia.

O accidente producíase ás 7:30 horas no quilómetro 4 da OU-0519, e foi un particular quen contactou co 112 Galicia para explicar os feitos. “Aínda que nun primeiro momento informouse dunha persoa posiblemente atrapada, os dous ocupantes estaban fóra cando chegaron os servizos de emerxencias”, indica o 112 Galicia.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron no operativo a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e Protección Civil de Barbadás.

Back to top button