O público volvía responder por segunda noite consecutiva e a praza da Estación da Rúa enchíase de persoas a partir das 22h. do 8 de agosto para asistir á segunda edición de “O Son da Estación”, un festival apoiado dende Turismo de Galicia e que está incluído dentro do programa “Concertos do Xacobeo”.

Como acontecera o venres, o espazo de evento, con entrada libre, enchíase de persoas que cantaban e bailaban ao ritmo dos diferentes grupos que se subían ao escenario. O festival contaba, como na primeira edición, dun elenco artístico de primeiro nivel. Así, o seu cabeza de cartel era Baiuca, considerada unha formación pioneira en mesturar os sons tradicionais coa electrónica, que viña cunha proposta en directo coa banda completa, con seis músicos e efectos visuais. Actuaban xa ben entrada a madrugada.


Antes en “O Son da Estación” actuaba Killvir Dj, veciña de León, ademais de Dj Repunante, abrindo o programa arredor das 22h., despois o público desfrutaba con Luis Fercán, un dos máximos expoñentes da música de autor en Galicia con moita repercusión en España e Latinoamérica que acaba de sacar disco e chegará á Rúa coa banda completa. E, deseguido, subíase ao escenario a banda viguesa Nadora, referente no indie nacional nos anos 2000. Tras unha paréntase de quince anos, a formación retomaba as actuacións neste 2026. Na Rúa presentaban o seu novo disco.


Tamén estaba prevista inicialmente a presenza do grupo valdeorrés Navegando a Barlovento, pero un problema persoal dun dos seus membros impediu a súa actuación desta volta.
Fotos: Javier Brasa.
