OurenseÚltima hora

Continúa activo o incendio forestal de Garabelos do Bouzo (Baltar), con 95 hectáreas queimadas

Imaxe: @BrifLaza.

 

Segue activo desde as 12,21 horas de onte, 9 de agosto, o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie de 95 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 12 axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.

Back to top button