
Quiroga está a celebrar nestes días as súas festas de verán de Quiroga, con multitude de actividades. Entre elas non falta a música. Así, a noito do sábado esta vila lucense estaba animada pola actuación do grupo galego De Vacas co seu espectáculo “Revovina Divas Live”, no que se versionaban en galego temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato moi divertido.
Despois, o apartado musical continuaba cun tributo a ABBA que facía bailar e cantar os principais éxitos desta formación sueca.

As festas continúan hoxe domingo, pola tarde ás 20:00h, espectáculo no anfiteatro da praza do Auditorio coa Banda do Verán; a partir das 21:00h música coa Banda da Balbina na praza da rúa Lago e de seguido as 22:30h sesión de fogos artificiais na praza España. A xornada do domingo rematrá co concerto dos Gintoni`s ás 23:00h na rúa Real.
Mañá luns, 10 de agosto, celebrarase a XXXIV Mostra do Mel de Quiroga, coa apertura do recinto feiral ás once da mañá. Sesión vermú con Jorge Ferre e pechará a noite a actuación da orquestra Panorama.
Fotos: RTM Quiroga.
