
Unha persoa tiña que ser rescatada esta madrugada despois de caertras ao río no Carballiño, segundo informa o 112 Galicia.
O suceso aconteceu arredor das 1:00 horas nun parque onde se estaba a celebrar unha festa, ao carón do río. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha persoa caera á auga e atopábase aboiado cando foi visto por un particular.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil do Carballiño.
A dotación de bombeiros e os axentes da Policía Local colaboraron para rescatar á vítima. Logo de que fose sacada da auga, consciente, foi atendida e trasladada polo persoal sanitario.