A RúaConcellosÚltima hora

Un incendio nun terreo da Rúa mobiliza aos equipos de emerxencias

 

Un aviso por un incendio nun terreo situado na avenida Somoza da Rúa mobilizaba a primeira hora desta tarde de 10 de agosto aos equipos de emerxencias. Ata o lugar desprazábanse para sofocar o lume o GES Valdeorras, Protección Civil da Rúa e os bombeiros do parque comarcal de Valdeorras, ademais da Policía Local.

Na extinción do lume tamén foi clave a rápida reacción da veciñanza para evitar a súa propagación.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button