
Un ano máis e xa van once, a localidade bolesa de Santa Cruz celebrará a súa Festa do Almendrado o vindeiro venres 21 de agosto. Ese día contarán coa actuación musical da orquestra Escaparate e de Dj Tariro, ademais do xogo da rá dende as 20 horas, con premios para o primeiro (paletilla) e segundo (unha bolsa de chourizos e unha de salchichón).
Pero unha unha semana antes, coma sempre, terán o xantar para os veciños. Será o sábado 15 de agosto cun menú composto por empanada, polbo, paella, pan, viño, bica e por suposto almendrados. O prezo é de 30 euros e dende a organización pregan aos asistentes que se apunten antes do día 14.
