ConcellosÚltima horaVilamartín

O Concello de Viana do Bolo instala bocas de rego e mangueiras nunha trintena de aldeas do municipio

 

O Concello de Viana do Bolo está a completar a implantación de bocas de rego e mangueiras nas aldeas do municipio que aínda non dispoñían destes medios, “reforzando así os recursos destinados á prevención e á resposta ante posibles incendios forestais”.

A instalación, tal e como indica o Concello, está a realizarse en diferentes núcleos do municipio, tendo en conta criterios técnicos de defensa contra os incendios forestais, establecidos por profesionais especializados nesta materia. Por este motivo, tanto as aldeas nas que se están instalando como o número de bocas de rego en cada unha delas responden a unha planificación técnica e non a criterios aleatorios.

As aldeas nas que se instalaron recentemente bocas de rego e/ou mangueiras son: Ardexarxe, Bembibre, Caldesiños, Fornelos de Filloás, Pinza, Pontón, Seoane de Arriba, Vilardemilo, A Hermida, Castro, Mourisca, San Mamede, Fornelos de Cova, Edroso, Quintela de Edroso, San Martiño, San Agustín, Tabazoa-Humoso, Dradelo, Castileira, Sever, Cepedelo, Pradorramisquedo, Grixoá, Vilarmeao, Servaínza, Santa Mariña da Ponte e Ramilo.

“Estas novas infraestruturas permitirán contar con puntos de abastecemento de auga e mangueiras que poden resultar fundamentais para facilitar as labores de prevención e actuación ante unha emerxencia”, resaltan dende o Concello.

Fotos: Concello de Viana do Bolo.

Back to top button