CulturaCulturaÚltima hora

As minas de Valborraz (Casaio) e o seu volframio, eixo dunha charla en Sigüeya (Benuza)

Nela participaban o historiador e xornalista valdeorrés Christian Barrio, xunto aos investigadores Roberto Matías e Santiago Macías

 

A Casa do Pobo de Sigüeya (Benuza) quedábase pequena para acoller ás numerosas persoas que asistían na tarde do 11 de agosto á charla-coloquio “El tiempo del wolfram: la vida en las minas de Valborraz” de Casaio (Carballeda de Valdeorras”. Entre os asistentes había ademais fillos de antigos traballadores cabreireses.

Nela participaba o historiador e xornalista valdeorrés Christian Barrio, autor do libro “José Barrio, el último guardia de la la mina de Valborraz” (2022), no que recolle a historia do seu avó paterno, que asistía a este acto, que era presentado por Antonia López, quen foi traballadora do lavadeiro destas minas de volframio situadas en Casaio (Carballeda de Valdeorras). Ademais era a muller de Jesús, de Lombo, un dos últimos gardas do lugar xunto ao avó de Christian Barrio, o que supuxo un reencontro entre ambos.

 

 

Na súa intervención, este investigador valdeorrés abordaba a realidade de “Valborraz, un poboado mineiro perdido no seu apoxeo”. Así falaba sobre a relevancia antropolóxica e social, entrando no que supuxo esta mina nos anos 50 para a transformacion das relacions económicas nas comarcas de Valdeorras, Bierzo e Cabrera.

 

 

Na mesa estaba acompañado por Santiago Macías e polo enxeñeiro de minas e estudoso Roberto Matías, quen achega o seu punto de vista científico e técnico sobre a historia das tres fases da mina. Pola súa banda, Macías centrábase na época dos presos e perspectiva histórica de Valborraz. 

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button